‘Como augua de torbón. Guerra civil y represión franquista nel estremo noroccidental d'Asturias’ é un llibro que tenta de reivindicar a memoria das cerca de 800 víctimas de represión documentadas na zona noroccidental d'Asturias despóis da súa ocupación polas tropas sublevadas en 1936. El sou autor é Xosé Miguel Suárez Fernández (Mántaras, 1965), que presenta a súa obra este mércoles ás 19.30 hores en Trabe.
¿Qué lo llevóu a escribir este llibro?
Nel 2014 presentéi nel Consulao del Arxentina en Madrid úa denuncia pol caso da desaparición en 1936 de meu bolo, Jesús Fernández Pérez. Fíxenlo dentro da conocida como Querella Arxentina, el caso que s’abríu en Buenos Aires polos crimes franquistas al nun poder ferse nel Estao español. Al poñerme a redactar el caso, reparéi en que nun había miga investigao sobre a cuestión na zona máis occidental d’Asturias, así qu’empecéi aquel brao a fer entrevistas a fiyos y netos... Y el resultao, sete anos despóis, é este llibro.
¿Era de xusticia cuntar estas historias?
Pra min convertíuse núa obrigación personal. Taba na mía mao fer el esforzo d’investigallo porque el tempo pasa, a xente máis veya vai faltando y a memoria oral era fundamental pra completar os datos documentales.
¿Por qué quedaron todas estas décadas dentro da casa ou dos archivos?
A represión franquista eliminóu sistemáticamente cualquer intento de resistencia á dictadura. Pra eso usóu el asesinato, el fusilamento, a cárcel, as multas, os despidos y un medo terrible entre as víctimas y os sous familiares. Por nun falar xa del sistema educativo y del papel da Igresia. Se a eso ye sumamos qu’el réxime democrático nun rompéu claramente con ese pasao y nun reconocéu nin honróu a aquellos que tentaron de defender a República contra el golpe d’Estao, y que muitos partidos siguen mirando pra outro llao ou síntense heredeiros morales dos golpistas…, nun é el miyor contexto pra qu’as historias salian á lluz. Así y todo, hai ben d’investigadores que trabayan neste campo da represión y que lo fain dende territorios concretos, máis abarcables. Eu soi ún máis nesa llinia y quixen estudiar us conceyos dos que naide s’acordara hasta agora.
En total, ¿que casos recoye y de qué ámbito xeográfico?
Falo d’asesinaos, mortos en accióis bélicas, fusilaos en conseyos de guerra, presos, mortos nas cárceles, soldaos en batallóis de trabayadores, exiliaos, multaos.... Cito todos os casos que teño documentaos, por mui poucos datos que teña d’ellos, anque na parte segunda del llibro céntrome máis en particular en cen casos dos que si puiden volar en máis información, sobre todo al contactar con familiares. A mía primeira intención era abarcar todo el estremo occidental asturiano, pro tuven qu’acabar limitándome al noroccidente, dende San Tiso d’Abres hasta Navia pola costa y dende Os Ozcos y Eilao hasta Villayón pol interior.
¿Cónta xente foi represaliada na zona nesos anos?
Son camín das 800 víctimas entre todas as modalidades de represión, das qu’úas 300 son víctimas mortales. Eso si, nel llibro recoyo non solo a xente que vivía na zona senón os nacidos nella que taban fóra ou os forasteiros que mataron ou morreron allí. Evidentemente, son os casos que puiden atopar. De seguro qu’houbo máis. Tamén hai qu’entender que víctimas foron os directamente protagonistas, pro tamén as súas familias, qu’as máis das veces quedaron desfeitas y na probeza máis absoluta.
A súa obra nun queda namáis nestas historias, senón que tamén contextualiza el momento. ¿Houbo diferencias con outras zonas del país?
Nun me quedóu outro romedio que fer a investigación sobre el panorama político y sindical porque cuase nun había miga publicao y precisaba saber d’eso pra interpretar miyor por qué foron aquellas personas as víctimas y non outras. Y descubrín que na zona empezaba a forxarse úa rede d’organizacióis sindicales llabradoras y obreiras, ademáis de partidos d’esquerda, que foron os obxetivos principales da represión. Quizáis úa das diferencias col resto d’Asturias foi a rapidez con qu’el territorio cayéu en poder dos sublevaos, polo qu’el periodo de funcionamento de comités de guerra nun pasóu de 15 días. Houbo milicianos velando nas vías de comunicación, detencióis dos posibles apoyos a os rebeldes, requisas de coches, armas y alimentos... Os sumarios militares describen aquello como úa especie de inferno comunista de proletarios revolucionarios y a represión militar posterior foi despiadada.
‘Como auga de torbón’ é a primeira parte del título del llibro. ¿Por qué escoyéu esa frase?
Díxomo a fiya d’un aseinao, Elena de Carpio, de Sante (Navia), pra describirme aquellos días inmediatos á toma del conceyo pola columna militar de Ceano unde a Falanxe era el ama da situación y se matóu a tanta xente. Parecéume úa metáfora ben potente de cómo cayéu a represión sobre os republicanos da zona. Namáis despóis reparéi na coincidencia con úa poesía qu’escribira nel 2006 recordando el asesinato de meu bolo y el que supuxo pra mía bola y mía madre, que daquella era úa nenía de poucos días. Tamén botaba mao da comparanza col augua, pro titulárala ‘Augua mansa’. Xa ves qu’a metáfora era outra. Nin violencia nin odio. Namáis el pouso del dolor que foi quedando na familia. Así que decidín usalla como dedicatoria pral llibro.
¿Cómo foi el sou método de trabayo?
Empecéi amañando úa base de datos a partir das llistas de víctimas mortales que puiden consultar daquella, a del asociación asturiana Todoslosnombres y a del equipo da Universidá d’Uviéu dirixido pola profesora Carmen García. Fun completándola, correxíndola y amecendo tamén casos de presos y exiliaos. Al tempo, fun tentando de contactar con familiares pra saber máis das víctimas. Pro, como dixen, tamén tuven qu’investigar el panorama político y sindical pra poñello todo en contexto. Foron fundamentales pra eso os llibros d’actas dos conceyos, as hemerotecas y os sumarios militares, ademáis da Causa Xeneral, entre outras fontes documentales. Tampouco nun quero esqueicer el axuda d’outros historiadores, que m’apurriron documentación y m’orientaron.
¿Foi duro sentir esas historias y llevallas al papel?
Si. A xente dizme que nun sabe cómo puiden tar tantos anos tratando con un material tan doloroso, pro xa dixen que lo asumín como un compromiso personal con todas as víctimas. Ás veces pensaba en meu bolo, undequera que tía enterrao el sou corpo, y eso enfougábame pra seguir y acabar el llibro.
El acoyida da súa obra ta sendo muito búa y sei que nun paran de chegarye agradecementos pol esforzo al deixar constancia escrita d’estas historias.
Qu’un fiyo ou un neto d’úa víctima m’agradeza qu’a historia de sou padre, de sou bolo ou de súa bola figure nun llibro d’historia, despóis de todo el medo y el silencio que se vivíu na familia, é el miyor regalo que podo recibir. Con eso doume por pago.
Usté tamén participa na Comuna d’Asturias, colectivo que forma parte da Coordinadora Estatal d’Apoyo á Querella Arxentina contra Crimes del Franquismo (CeAQUA) y que busca a verdá, a xusticia y a reparación das víctimas. ¿Cómo ta nestos momentos el proceso llevao pola xueza arxentina María Servini?
Hai poucos días conocéuse qu’a xueza procesóu al ministro Rodolfo Martín Villa pol homicidio, nel contexto de crimes contra a humanidá, de cuatro trabayadores a maos das forzas d’orde público nos primeiros anos da democracia. É un feito histórico porque ademáis vén despóis de sete anos dende a súa imputación nos qu’a xueza tuvo que lluitar cos obstáculos que ye foi poñendo el Estao español. Como contraste ta qu’a primeiros d’este ano el Tribunal Constitucional nun admitira el recurso d’amparo de Gerardo Iglesias pra que s’investigaran as torturas que sufríu condo a dictadura y qu’él denuncióu nos xuzgaos d’Uviéu. A nota positiva é qu’é a primeira vez qu’houbo tres votos particulares que se pronunciaron a favor da posibilidá d’enxuiciar os crimes franquistas. Todos estos avances tuveron que vir dende fóra, porque aquí agora a impunidá é evidente.
¿Haberá al cabo xusticia?
A xusticia del sistema xudicial español véxolo difícil porque, como digo, el modelo d’impunidá penal sigue en pé y nun ten traza de que se vaya tumbar. Por exemplo, nel anteproyecto de Llei de Memoria Democrática sigue negándose el acceso á xusticia das víctimas porque nél nun se contempla a nulidá da Llei d’Amnistía de 1977. Esa llei úsanla os tribunales españoles como llei de punto final pra nun admitir as denuncias que se foron presentando nestos anos nos xuzgaos, ademáis de soster qu’esos delitos tarían prescritos. É el que veu a dicir el Tribunal Constitucional. Pro el Dereto Internacional dos Deretos Humanos deixa claro qu’os delitos de lesa humanidá son imprescriptibles. Por eso digo qu’esa xusticia ta llonxe. De momento, eu tentéi de feryes outra clas de xusticia, máis modesta, recordando as víctimas del occidente asturiano nun llibro y dando a conocer os sous casos.
Na imaxe, Suárez Fernández na presentación del llibro feita en Tapia el 8 d'outubre. Foto d'Eduardo Carruébano.